Boletín dixital

Subscribase ao boletín de novas do Concello de Parada de Sil.

Mantéñase puntualmente informado.

Nota legal

Novas: O Concello de Parada de Sil adquiriu un vehículo tractor con desbrozadora e tratamentos preventivos

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría: Información Municipal

O Concello de Parada de Sil adquiriu un vehículo tractor con desbrozadora e tratamentos preventivos

O obxecto do presente convenio é acordar a participación e colaboración entre a Consellaría do Medio Rural e o Concello de PARADA DE SIL na finalidade común de actuar,mediante tarefas preventivas,sobre as causas dos incendios forestais co obxecto de evitalos ou,en todo caso,minorar as súas consecuencias económicas e ambientais.

O Concello comprométese a realizar estes labores coa finalidade de reduci-lo risco de incendios forestais en coordinación co Distrito Forestal,así como a asistir ás tarefas de extinción de incendios forestais durante toda a vixencia do convenio,cando sexa preciso.Con este motivo  o Concello adquiriu un vehículo tractor con desbrozadora para a realización de labores de desbroces selectivos e creación de áreas de protección  das zonas urbanizadas nos núcleos rurais