Subscribase ao boletín de novas do Concello de Parada de Sil.
Mantéñase puntualmente informado.
Actividades da Biblioteca de Parada de Sil:
-"Os fiadeiros da biblioteca":
Atención fiadeiras!!!! Volven os Fiadeiros da biblioteca. 1º e 3º venres de cada mes de 16.30 a 18 h.Comezo o 19 de febreiro. Non volo podedes perder.
-"O libro viaxeiro":
Na biblioteca de Parada de Sil os cativos poderán escribir o seu propio libro. O libro viaxeiro irá polos fogares dos máis pequenos para que lle boten imaxinación e entre todos creen unha historia. Estará a disposición na biblioteca así que se queres participar pásate por aquí. Animádevos a pasar un bo rato!!!!.
-Concurso "Píntame un conto":
Concurso adicado ós cativos. Pasádevos pola biblioteca de Parada de Sil e explicámosvos como tedes que facer para participar. Haberá premio....
Pasádevos pola biblioteca de Parada de Sil; aquí estamos, para o que precisedes!!!