Boletín dixital

Subscribase ao boletín de novas do Concello de Parada de Sil.

Mantéñase puntualmente informado.

Nota legal

Novas: II CONCURSO FOTOGRAFICO ROSA PONS FABREGAS

23 de xuño de 2009 ás 17:10
Categoría: Información Cultural

II CONCURSO FOTOGRAFICO ROSA PONS FABREGAS

Bases do Concurso:

1- Participantes e número de fotografías:

Poderá participar tódalas persoas que o desexen con independencia da súa nacionalidade. As fotogrqfías só poderán ser presentadas polos propios autores. Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 series de dúas fotografías obtidas por calquera técnica, en branco e negro ou color, tomadas con cámaras dixitais ou sistemas tradicionais, incluíndo o retoque manual ou de programas informáticos das mesmas. A serie(2 fotos) será sobre un "tema particular" a elección do concursante dentro do tema xeral. As obras serán inéditas, a organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio por uso fraudulento e tomar medidas legais para reclamar o importe ou rexeitar as seria¡es uqe non cumpran as bases.

2- Temática:

As fotografías versarán sobre o tema " Visións de Parada de Sil", abarca tódolos bens artísticos, etnográficos, naturais etc que conforman o concello quedando só limitado ó territorio do concello.

3- Presentación de fotografías:

As fotografías terán un tamaño de 20x25 cm ou 18x24 cm, sen ningún tipo de enmarcado nin protección frontal, recoméndase que se entreguen adheridas sobre cartón-pluma ou similar e da mesma medida que a foto e que non exceda dos 5mm de espesor. Obrigatoriamente entrwgarán en CD-ROM cunha copia de cada fotografía en formato JPG ou TIFF e superior a 300dpi, co nome das series. As series de fotografías entregaranse nun sobre ou envoltorio cerrado de facil apertura e peche posterior.Ó dorso de cada fotografía farase constar o título da obra, a zona na que foi tomada e o número da foto(1/1,1/2-2/1,2/2-3/1,3/2) se son máis de 1 serie.

Nun sobre anexo: No exterior do sobre: título das series.

                            Dentro do sobre: Título de cada serie, nome e apelidos do autor, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, correo electrónico de contacto, zona na que foron tomadas ou datos qeu identifiquen a imaxe.

                             O nome do autor só aparecerá no interior do sobre anexo.

4- Envio:

II Concurso Fotográfico "Visións de Parada de Sil"

Casa do Concello, Praza do Campo da Feira nº1

32740 Parada de Sil-OURENSE

O concello non se responsabiliza de danos ou extravios. Cos portes pagados e con embalaxe reutilizable para asegurar a devolución da obra coas debidas garantías si o autor así o solicita, corrndo o seu cargo os gastos.

5- Data límite de presentación:

10 de agosto de 2009.

6- Xurado, fallo e entrega de premios:

A participación neste concurso presupón a total aceptación das presentes bases. O Xurado elixido polo concello e a Asociación Ouro do Sil fará público o seu fallo en Parada de Sil o día 17 de agosto de 2009. Comunicarase individualmente ós premiados.

7- Premios:

Primeiro premio: 1000 euros á mellor serie.

Segundo premio: 500 euros á mellor fotografía.

Para que o fallo sexa efectivo, os ganadores deberán aportar o negativo ou arquivo dixital.

8- Propiedade das imaxes:

As obras premiadas pasarán a formar parte da Colección do Concello. En calquera dos usos que o Concello faga das mesmas, aparecerá mencionado o autor. Durante o mes de Agosto farase unha exposición e entregarase o premio en data que se publicará e se comunicará previamente aos autores premiados.

9-Outros:

Máis información: www.ourodosilac.org  Tel: 616 516238