Boletín dixital

Subscribase ao boletín de novas do Concello de Parada de Sil.

Mantéñase puntualmente informado.

Nota legal

Novas: EMPEZARON AS OBRAS DO PLAN DE SANEAMENTO EN PARADA DE SIL

26 de febreiro de 2009 ás 13:00
Categoría: Información Municipal

EMPEZARON AS OBRAS DO PLAN DE SANEAMENTO EN PARADA DE SIL

O anunciado Plan de Saneamento en Parada de Sil  por un importe de  máis de 700.000 euros que comprende actuacións en diferentes pobos do concello vén de pórse en marcha.

A semana pasada xa comezaron as obras para levar a traída de auga de Verengo ao depósito de Vilar, onde ademais e  acometerá a cloración da auga. Tamén en Edrada xa están a  construír o novo depósito de auga, que resolverá un problema importante de escaseza de auga   neste pobo.

Dende o concello esperamos que antes do verán  estea rematada  a obra no que se refire  ao abastecemento  nas parroquias de Paradellas, Edrada e Forcas para logo continuar coa recollida de augas pluviais e desauges en Teimende, Caxide, Rabacallos, Sacardebois, Parada de Sil  e Porto.

Compre salientar que tamén se acometerá a reposición do asfaltado  nalgúns pobos, así como a construción de beirarrúas .

O Alcalde recorda que esta obra corre a cargo de Augas de Galicia- Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemwente Sostible e que responde a un compromiso adquirido polo Conselleiro Pachi Vázquez nunha visita realizada ao noso Concello. Recordamos que nesta obra o Concello non  paga nin un só euro.