Subscribase ao boletín de novas do Concello de Parada de Sil.
Mantéñase puntualmente informado.
O vindeiro 15 de novembro o concello de Parada de Sil celebra a II Andaina da Castaña. INSCRICIÓN: O ingreso farase na conta 2080 0325 58 0040001701, facendo constar en concepto o nome, apelidos do participante. Enviar por FAX 988 208010 fotocopia do xustificante do pagamento, xunto o boletín de inscrición e da tarxeta federativa FEDME( no caso dos federados) Data límite 8 Novembro, máximo 200 participantes. PREZOS: Andaina da Castaña: 10€ e 8€ Federados Montañismo, 5€ Menores de 12 a 18 anos. Andaina para Cativos: 10€ Acompañante, Gratis Cativos. Camiseta conmemorativa. SAIDAS: Praza do Barquilleiro(Parada de Sil) 9:30 h.: Andaina da Castaña. 11:00 h.: Andaina para Cativos Estar 20 min. antes do inicio das probas. CHEGADA: na praza do Concello.