Boletín dixital

Subscribase ao boletín de novas do Concello de Parada de Sil.

Mantéñase puntualmente informado.

Nota legal

Almanaque de novas

setembro 2010
lumam&xovesado
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       

Novas

30 de agosto de 2010 ás 12:10
Categoría: Información Municipal

ACONDICIONAMENTO DO CONXUNTO ARQUEOLÓXICO DE SAN VITOR

Xa comezaron as obras de acondicionamento do conxunto arqueolóxico de San Vitor.

17 de agosto de 2010 ás 12:53
Categoría: Información Municipal

IV CARREIRA POR MONTAÑA CANON DO SIL e I MEDIA CARREIRA CANON DO SIL

O vindeiro 24 de outubro terá lugar en Parada de Sil a IV Carreira por Montaña Canón do Sil e a I Media Carreira Canón do Sil, orgnanizadas polo Concello de Parada de Sil e o Clube de Montaña Ribeira Sacra.

12 de agosto de 2010 ás 09:14
Categoría: Información Cultural

Gañadores III Concurso fotográfico Rosa Pons Fábregas

O pasado 7 de agosto o fallouse o premio do III Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas "Visións de Parada de Sil".

 

23 de xullo de 2010 ás 17:22
Categoría: Información Municipal

Mosteiro de Santa Cristina

O Mosteiro de Santa Cristina e a Igrexa permanecerá aberto ó público en horario de Martes a Domingo de 11 a 14 e 15 a 19,30.

08 de xullo de 2010 ás 09:18
Categoría: Información Municipal

Obras da Confederación Hidrográfica Miño-Sil en Parada de Sil

-Limpeza do regato do Batán.

-Sendeiro río Mao.

19 de xuño de 2010 ás 16:40
Categoría: Actividades

Actividades Verán 2010

Actividades Verán 2010 en Parada de Sil

18 de xuño de 2010 ás 17:36
Categoría: Información Cultural

Romaría na honra de San Benito

Romaría na honra de San Benito.

Mosteiro de Santa Cristina Parada de Sil. Domingo 11 de xullo de 2010.

23 de maio de 2010 ás 12:55
Categoría: Información Cultural

III Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas

O concello de Parada de Sil convoca a III edición do Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas "Visións de Parada de Sil", co fin de fomentala creatividade e dar a coñecer ó público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural , etnográfica e paisaxística de Parada de Sil.

02 de maio de 2010 ás 17:21
Categoría: Información Cultural

Homenaxe do Concello de Parada de Sil a Antonio Carreño González

Homenaxe do Concello de Parada de Sil a Antonio Carreño González. Sábado, 8 de maio, na Casa Consistorial de Parada de Sil.

23 de abril de 2010 ás 15:18
Categoría: Información Cultural

Celebración do día do libro

O vindeiro 25 de abril celebración do día do libro na biblioteca de Parada de Sil.

04 de abril de 2010 ás 18:07
Categoría: Información Cultural

Conferencia de Antonio Carreño no Liceo

O vindeiro 20 de abril ás 8 da tarde Antonio Carreño, veciño de Parada de Sil e catedrático honorífico da Brown University, dará unha conferencia no Liceo de Ourense.

04 de abril de 2010 ás 15:21
Categoría: Actividades

Ximnasia para maiores

Os luns e mércores de 5 a 6 haberá ximnasia para as mulleres da Asociación de Mulleres Santa Cristina no antigo salón de plenos do Concello.

27 de marzo de 2010 ás 11:26
Categoría: Información Municipal

Horario de Semana Santa Oficina de Turismo

Horario da oficina de Turismo en Semana Santa

21 de marzo de 2010 ás 15:49
Categoría: Información Cultural

Exposición " Medio século de educación a través das biografías dos mestres de Parada de Sil "

Exposición "Medio século de educación a través dos mestres de Parada de Sil "

17 de marzo de 2010 ás 20:36
Categoría: Actividades

Triunfo do Clube de Montaña Ribeira Sacra de Parada de Sil

O Clube de Montaña Ribeira Sacra do Concello de Parada de Sil, vén de colleitar un importante éxito na proba celebrada esta fin de semana, II Carrera de Montaña Alto Sil, que se disputou en Santa Cruz do Sil (municipio de Páramo del Sil, León). 

07 de marzo de 2010 ás 16:07
Categoría: Información Cultural

Actuación teatral do Grupo Barbañá

O próximo domingo 14 de marzo ás 16.30 horas terá lugar a actuación do grupo teatral Barbañá na antigo salón de plenos do Concello.

 

 

06 de marzo de 2010 ás 18:27
Categoría: Información Cultural

Celebración Dia da Muller Traballadora

O vindeiro domingo 7 de marzo ás 16.30 horas na biblioteca do concello celebración do Día da Muller Traballadora.

28 de febreiro de 2010 ás 10:21
Categoría: Información Cultural

Presentación do libro "O Barquilleiro, vendedor d´olvido" en Xantar

O vindeiro 6 de marzo ás 12 h. terá lugar a presentación do libro " O Barquilleiro, vendedor d´olvido" na Feira Xantar de Ourense.

19 de febreiro de 2010 ás 18:33
Categoría: Información Municipal

Obras Plan E 2010 en Parada de Sil

Obras Plan E 2010 en Parada de Sil:

 - Pavimentado de rúas en A Hedrada.

- Pavimentado de rúas en Guendón.

- Pavimentado de rúas e recollida de augas pluviais en Pradomao.

14 de febreiro de 2010 ás 15:25
Categoría: Información Cultural

Actividades da Biblioteca

Actividades da Biblioteca de Parada de Sil:

-" Os fiadeiros da biblioteca": 1º e 3º venres de cada mes de 16.30 a 18 h.

-" O libro viaxeiro": Na biblioteca de Parada de Sil os cativos crearán o seu propio libro.

- Concurso "Píntame un conto": Concurso adicado ós cativos.

12 de febreiro de 2010 ás 17:07
Categoría: Información Municipal

Inspección de vehículos agrícolas

O vindeiro 2 de Marzo levarase a cabo no Concello de Parada de Sil a inspección de vehículos agrícolas.

06 de febreiro de 2010 ás 15:08
Categoría: Información Municipal

Horario Oficina de Turismo

Horario Oficina de Turismo e Biblioteca de Parada de Sil.

11 de decembro de 2009 ás 17:15
Categoría: Información Cultural

ACTIVIDADES NADAL 2009

Actividades Nadal 2009 en Parada de Sil

19 de novembro de 2009 ás 13:52
Categoría: Información Municipal

Acondicionamento da Praza do Curtiñeiro

No Concello de Parada de Sil estase levando a cabo a obra de " Acondicionamento da Praza do Curtiñeiro" a través dun convenio asinado coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

 

02 de novembro de 2009 ás 17:42
Categoría: Actividades

7º posto na clasificación para o equipo de futbol de Parada de Sil

O equipo de futbol de Parada de Sil acada un merecido 7º posto na clasificación despois de catro vitorias consecutivas.

19 de outubro de 2009 ás 17:01
Categoría: Actividades

II Obradoiro de postais

II Obradoiro de Postais de Nadal no Concello de Parada de Sil. Todos os xoves de 4,30 a 6,30.

13 de outubro de 2009 ás 17:17
Categoría: Actividades

III Andaina da Castaña

O vindeiro 14 de novembro o Concello de Parada de Sil celebra a III Andaina da Castaña.

28 de setembro de 2009 ás 17:16
Categoría: Información Cultural

Obradoiros para as mulleres rurais

Este outono no Concello de Parada de Sil vanse levar a cabo dous talleres formativos  para mulleres do ámbito rural:

-Consumo responsable.

-Tempo libre activo.

28 de setembro de 2009 ás 17:01
Categoría: Información Cultural

Fiadeiros na bblioteca

Fiadeiros na biblioteca. Saibas ou non saibas fiar achégate á Biblioteca de Parada de Sil.

28 de setembro de 2009 ás 16:52
Categoría: Información Municipal

Acondicionamento de depositos de abastecemento en varios núcleos de Parada de Sil

O Concello de Parada de Sil vai levar a cabo a obra de acondicionamento de depósitos de abastecemento en varios núcleos do concello polo importe de 99.583,49 Euros.

09 de setembro de 2009 ás 14:06
Categoría: Información Municipal

Obras de saneamento en Parada de Sil

As obras de saneamento no concello de Parada de Sil están moi avanzadas tendo xa case tódolos pobos abastecemento de auga potable.

09 de setembro de 2009 ás 13:58
Categoría: Información Municipal

Obras da Fábrica da Luz

Xa comezaron as obras da Fábrica da Luz financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.

14 de xullo de 2009 ás 18:03
Categoría: Información Municipal

III CARREIRA POR MONTAÑA

O vindeiro 23 de Agosto terá lugar en Parada de Sil a III Carreira por Montaña"Canón do Sil" válida para Campionato Galego de Carreiras por Montaña-2009.

14 de xullo de 2009 ás 16:51
Categoría: Actividades

Obradoiro de Manualidades e Xogos

Obradoiro de Manualidades e Xogos en Parada de Sil

13 de xullo de 2009 ás 18:21
Categoría: Información Cultural

Actividades Verán 2009

Actividades Verán 2009 en Parada de Sil.

  VEN E DISFRUTA CON NÓS!!!!

23 de xuño de 2009 ás 17:10
Categoría: Información Cultural

II CONCURSO FOTOGRAFICO ROSA PONS FABREGAS

O Concello de Parada de Sil convoca a II edición do Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas "Visións de Parada de Sil", co fin de fomenta-la creatividade e ar a coñecer ó público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de Parada de Sil.

23 de xuño de 2009 ás 16:47
Categoría: Información Cultural

ROMARIA SAN BENITO 2009

ROMARÍA SAN BENITO. 12 DE XULLO 2009. MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA

-Ás 12.00 h. misa solemne coa actuación do Orfeón Unión Orensana.

-Ás 17.00 h. actuación da Charanga Escachapeitos.

11 de maio de 2009 ás 16:53
Categoría: Información Cultural

Homenaxe a Dona Rosa Pons Fábregas

No día das letras galegas, Parada de Sil homenaxea a Dona Rosa Pons Fábregas, pioneira na revolución pedagóxica da provincia.

11 de maio de 2009 ás 16:28
Categoría: Información Municipal

Audioguías

Novo servizo de audioguías con GPS no Concello de Parada de Sil.

26 de febreiro de 2009 ás 13:09
Categoría: Información Municipal

ASCENSOR NO CENTRO DE SAÚDE

Despois de certa espera e dando cumprimento a unha promesa do programa electoral do Actual Alcalde, a Consellería de Sanidade está a instalar un ascensor no centro de saúde para unificar a consulta médica e de enfermería na primeira planta do centro

26 de febreiro de 2009 ás 13:05
Categoría: Información Municipal

OBRAS DE MELLORA NA CASA CONSISTORIAL

A empresa  Alea  xa empezou as obras de mellora e ampliación da Casa Consistorial.

26 de febreiro de 2009 ás 13:00
Categoría: Información Municipal

EMPEZARON AS OBRAS DO PLAN DE SANEAMENTO EN PARADA DE SIL

O anunciado Plan de Saneamento en Parada de Sil  por un importe de  máis de 700.000 euros que comprende actuacións en diferentes pobos do concello vén de pórse en marcha.

17 de febreiro de 2009 ás 17:02
Categoría: Información Cultural

Carnaval 2009

Carnaval 2009 en Parada de Sil.

27 de xaneiro de 2009 ás 17:31
Categoría: Información Cultural

Presentación da curtametraxe "Na distancia"

O día 7 de febreiro ás 5,30 da tarde presentación en Parada de Sil da curtametraxe "Na distancia".

27 de xaneiro de 2009 ás 17:17
Categoría: Información Municipal

Presentación audioguía

O vindeiro día 5 de febreiro na Feira Xantar presentación dunha audioguía turística por GPS de Parada de Sil.

19 de xaneiro de 2009 ás 18:06
Categoría: Información Cultural

Clasificación do equipo de futbol de Parada de Sil

O equipo de fútbol de Parada de Sil está no posto 10 na táboa de clasificación do grupo 14 de terceira autonómica.

15 de xaneiro de 2009 ás 20:34
Categoría: Información Municipal

Reforma da antiga Fábrica da Luz no Concello de Parada de Sil

Reforma da antiga Fábrica da Luz no Concello de Parada de Sil.

12 de xaneiro de 2009 ás 17:04
Categoría: Información Cultural

Horario oficina de turismo

Horario de oficina de turismo en Parada de Sil:

Luns e Martes : de 4 a 6.

Mércores a Domingo: de 12 a 4.

24 de decembro de 2008 ás 17:31
Categoría: Información Cultural

Actividades Nadal 2008

Actividades Nadal 2008 en Parada de Sil

02 de decembro de 2008 ás 10:16
Categoría: Información Cultural

Vitoria do equipo de Parada de Sil

O equipo de Parada de Sil segue colleitando vitorias.

17 de novembro de 2008 ás 10:00
Categoría: Información Cultural

Terceira victoria do equipo de futbol do Parada de Sil

Terceira victoria do equipo do Parada de Sil esta fin de semana fronte ao Corbelle co resultado de 4-3

17 de novembro de 2008 ás 10:00
Categoría: Información Cultural

Terceira victoria do equipo de futbol do Parada de Sil

Terceira victoria do equipo do Parada de Sil esta fin de semana fronte ao Corbelle co resultado de 4-3

10 de novembro de 2008 ás 14:32
Categoría: Información Cultural

Segunda vitoria do equipo de fútbol Parada de Sil

Segunda vitoria do equipo de fútbol de Parada de Sil fronte ao Lobios co resultado de: Lobios-P. de Sil 3-4

04 de novembro de 2008 ás 14:54
Categoría: Información Cultural

Clasificación equipo de Parada de Sil

Clasificación equipo de fútbol de Parada de Sil: O equipo de fútbol Parada de Sil está no posto número 12 da clasificación do grupo 15 de Terceira Autonómica.

28 de outubro de 2008 ás 10:50
Categoría: Información Cultural

Equipo de futbol Parada de Sil

Victoria do equipo de futbol Parada de Sil fronte ó Arnuiz por 1 - 2.

21 de outubro de 2008 ás 11:38
Categoría: Información Cultural

II Andaina da Castaña

O vindeiro 15 de novembro de 2008 o Concello de Parada de Sil celebra a II Andaina da Castaña.

21 de outubro de 2008 ás 11:06
Categoría: Información Cultural

II Carreira de Montaña Canón do Sil

Dende o Concello de Parada de Sil queremos agradecer a todos os participantes e colaboradores a súa asistencia á II Carreira por Montaña Canón do Sil. Grazas a vós todo foi un éxito.

13 de outubro de 2008 ás 13:47
Categoría: Información Cultural

Contacontos en Parada de Sil

O vindeiro sábado 18 de Outubro ás 20.30 h.en Parada de Sil "Historias da miña historia" por Oswaldo Digón. Todos os públicos

11 de agosto de 2008 ás 13:33
Categoría: Información Municipal

II CARREIRA DE MONTAÑA EN PARADA DE SIL

O vindeiro 19 de outubro de 2008 terá lugar en Parada de Sil a II Carreira por Montaña.

Anímate e participa!!!!

06 de agosto de 2008 ás 13:35
Categoría: Información Cultural

Folleto do Mosteiro de Santa Cristina

O Mosteiro de Santa Cristina en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

05 de agosto de 2008 ás 10:49
Categoría: Información Municipal

Horario de oficina de turismo

Horario da oficina de turismo:

Mañás : De 10 a 2

Tardes : De 4 a 7

Todos os días da semana.

04 de agosto de 2008 ás 11:36
Categoría: Información Cultural

Verán 2008 en Parada de Sil

Actividades verán 2008 en Parada de Sil:

Teatro "Volta e dálle", Teatro "Lupo",  actuación do Trío Cubano La Habana e máis cousas.

Os días 28,29,30 e 31 de Agosto grandes festas en Parada de Sil na honra de San Ramón.

¡¡¡¡VEN E DISFRUTA CON NÓS!!!!! 

04 de agosto de 2008 ás 09:42
Categoría: Información Municipal

Francisco Magide,presidente do plan Leader de Trives, Caldelas, Viana e Vilariño

Tres representantes  das formacións políticas presentes nas comarcas de Trives, Caldelas,Viana e Vilariño estarán ó frente da Asociación Sil-Bibei-Navea, que xestionará o Programa Leader 2007-2013.

07 de xullo de 2008 ás 20:05
Categoría: Información Municipal

Club de fútbol Parada de Sil

Club de fútbol Parada de Sil. Xa temos equipo!!!

COLABORA!! FAITE SOCIO!!! 

07 de xullo de 2008 ás 19:54
Categoría: Información Cultural

ROMARÍA DE SAN BENITO 13 de xullo de 2008 Mosteiro de Santa Cristina

Romaría de SAN BENITO.Mosteiro de Santa Cristina. 13 de xullo de 2008

PROGRAMA:

_ Ás 12 h. Misa coa actuación da Coral Vellos Amigos no Mosteiro de Santa Cristina.

_ Ás 12.30 h. Concerto da Banda de Música Municipal de Lobios en Castro.

 

25 de xuño de 2008 ás 11:42
Categoría: Información Cultural

I Concurso Fotográfico - Rosa Pons Fábregas - Visións de Parada de Sil

O Concello de Parada de Sil convoca o I Concurso Fotográfico - Rosa Pons Fábregas - Visións de Parada de Sil, coa finalidade de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil.

18 de marzo de 2008 ás 13:12
Categoría:

Monasterio de Santa Cristina

O monasterio de Santa Cristina permanecerá aberto o público durante toda a Semana Santa en horario de 11:30h a 18:30h

19 de decembro de 2007 ás 13:05
Categoría: Información Cultural

Tumbas antropomorfas San Lourenzo

En xaneiro os arqueólogos da delegación de Cultura procederán o estudo das tumbas antropomorfas de San Lourenzo.

19 de decembro de 2007 ás 13:00
Categoría: Información Municipal

Convenio Medio Rural

O Concello de Parada de Sil vén de asinar un convenio con Medio Rural de 97.000 euros.

19 de decembro de 2007 ás 12:55
Categoría: Información Municipal

Inicio do Obradoiro de emprego

O vindeiro 26 de decembro dará comezo o Obradoiro " O Barquilleiro" en Parada de Sil con preto de trinta persoas para cantería,albanelaría e recuperación de áreas degradadas. 

19 de decembro de 2007 ás 12:42
Categoría: Información Municipal

Asociación de voluntarios de Protección Civil

O Concello de Parada de Sil vén de crear unha asociación de voluntarios de Protección Civil.

19 de decembro de 2007 ás 12:36
Categoría: Información Municipal

Área recreativa A Lama

A Consellería de Medio Ambiente vén de rehabilitar a área recreativa de A Lama e na Capela do Outeiro.

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría: Información Cultural

Música no Mosteiro de Santa Cristina

O próximo día oito de Xullo celebraranse dúas actuacións musicais no marco incomparable do Mosteiro de Santa Cristina.

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría: Información Municipal

Obradoiro O Barquilleiro

O concello de Parada de Sil vén de solicitar á Consellería de Traballo, unha subvención para realizar un obradoiro de emprego “ OBRADOIRO O BARQUILLEIRO”

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría: Actividades

I CARREIRA POR MONTAÑA F.G.M.

28,5 km / desnivel positivo.PARADA DE SIL-OURENSE.

21 de Outubro de 2007

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría: Información Municipal

Servizo de normalización Parada de Sil

O concello de Parada de Sil crea un servizo de normalización lingüística para difundir e mellorar o emprego da nosa lingua,tanto para o cadro de persoal do concello como para calquera que queira poñerse en contacto con nós:  normalizacionparadadesil@hotmail.com

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría: Información Cultural

Unha viaxe a Pazolandia

O Concello de Parada de Sil covida ós rapaces o vindeiro 27 de decembro a Pazolandia 2007/2008.Anotarse nas oficinas do concello.

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría:

I ANDAINA da CASTAÑA - PARADA DE SIL ( OURENSE )

O Concello de Parada de Sil organiza a I ANDAINA DA CASTAÑA e a I ANDAINA PARA CATIVOS para o día 10 de novembro de 2007.

Idade: maiores de 18 anos ou de 12 anos acompañados dun familiar.

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría: Información Municipal

Sendeiro de castiñeiros e carriozas

Agasalla os teus sentidos percorrendo o sendeiro de castiñeiros e carriozas en Parada de Sil.Panel de información da rota na saída de Parada.

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría: Información Municipal

O Concello de Parada de Sil adquiriu un vehículo tractor con desbrozadora e tratamentos preventivos

Convenio de colaboración entre a Consellaría do Medio Rural e o Concello de Parada de Sil para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante adquisición dun vehículo tractor con desbrozadora e tratamentos preventivos.

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría: Información Cultural

Unha viaxe a Pazolandia

O día 27 de decembro de 2007 o Concello de Parada de Sil convida ós rapaces a Pazolandia 2007/2008.Anotarse nas oficinas do concello.

12 de decembro de 2007 ás 12:46
Categoría: Información Municipal

Plan de saneamento integral en Parada de Sil

A Consellería de Medio Ambiente acometerá un plan de saneamento integral en Parada de Sil cun investimento de preto de un millón de euros.